Saltar ao contido

Aeroporto de Kandahar

Aeroporto de Kandahar
د کندهار نړيوال هوايي ډګر

IATA: KDH – ICAO: OAKN
Sumario
Tipo militar/público
Propietario Goberno de Afganistán
Localización Kandahar
Elevación (msnm) 1 017 metros / 3 338 pés
Coordenadas
Web kandaharinternationalairport.com [Ligazón morta]
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 3 200 10 499 asfalto

O aeroporto internacional de Kandahar (IATA: KDHOACI: OAKN) é un aeroporto situado a 17 quilómetros ao sueste da cidade de Kandahar, en Afganistán. É o segundo aeroporto máis grande do país e ten unha das bases militares máis grandes, con capacidade para albergar ata 250 avións de todos os tipos.[1]

O aeroporto foi deseñado e construído polos Estados Unidos a finais dos anos 50. Foi ocupado pola Unión Soviética durante a guerra de Afganistán nos 80. Tras a súa retirada o aeroporto permaneceu en control do goberno de Mohammad Najibullah ata que renunciou en 1992. Así, señores da guerra locais e os talibáns fixéronse co control do aeroporto ata a invasión estadounidense a finais de 2001. Foi tamén o lugar onde ocorreu o incidente do secuestro do voo 814 de Indian Airlines en 1999.[2]

Dende o ano 2007 o aeroporto foi reparado e ampliado.[1] É usado tanto para voos militares como civís. É mantido pola Misión Resolute Support da OTAN e as Forzas Nacionais de Seguridade de Afganistán. A 3ª Á da Forza Aérea de Afganistán ten unha base separada dentro dos terreos do aeroporto, e a Policía Nacional Afgá é a encargada da seguridade dentro da terminal de pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Afghan Jet International Cabul
Ariana Afghan Airlines Delhi, Dubai-International
Kam Air Dubai-International, Cabul, Mashhad
Aeroliñas Destinos
Coyne Airways Dubai-International
FitsAir Dubai-International
Kalitta Air Bahrain, Hong Kong, Nova York-JFK
Silk Way Airlines Baku[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Pajhwok Afghan News (ed.). "Kandahar airport gaining international trust". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  2. India Today (ed.). "The release of three wanted terrorists in Kandahar marked yet another low point in the blood-splattered recent history of Kashmir". Consultado o 13 de xaneiro de 2018. 
  3. Silk Way Airlines (ed.). "Flight Schedules". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.